Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Fraquelada nos libros
Blogue de opinión literaria

06/12/2008 GMT 1

OS OLLOS DE K

fraque @ 22:39

os-ollos-de-k.jpg

Antón Riveiro Coello, Os ollos de K, Galaxia, 2007.

O meu primeiro post adícollo a novela de Coello a pesar de estar todavía baixo os efectos da súa recente lectura, conscente da negatividade que isto pode producir e da posibilidade de opinar sobre algún outro libro máis dixerido e meditado.

En primeiro lugar gustaríame aportar uns datos sobre o autor, un ourensán nado en Xinzo de Limia no ano 1964. Antón Riveiro Coello estudou dereito na universidade de Santiago e hoxe en día traballa na administración autonómica. Non sei se os premios literarios son sinónimos de calidade, pero neste caso nos enconhntramos cun dos narradores máis premiados na literatura galega dos últimos anos, dato, por tanto, a ter en conta.

Os ollos de K, Coello mergulle os lectores na mente dun escritor, creando dende o principio unha difusa linea entre ficción e realidade. Suso Paradela busca a inspiración para ser quen de  escribir a súa nova novela e de achegar o relato diario do xornal, laiase de non ser un creador prógigo en ideas e de verse na obriga de recurrir a contratar a persoas estrañas que lle  proporcionen historias, como Pastor, que representa o arquetipo do persoaxe da novela negra; ou Dimitrie, un romanés misterioso que aparece disposto a converterse nun ser inmortal através da literatura. O perigo de basearse na realidade para a ficción leva a Suso Paradela a confundir persoas con persoaxes e ficar atrapado nunha novela que escapa ao seu control creador, descubrindo que moitas veces a realidade pode ser máis aterradora que  a ficción. 

Através da novela de Coello poderemos coñecer de primeira man o proceso literario, experimentar dende a consciencia do xenio creador a desolación do abandono das musas e o extase da escritura. Todo iso acompañado dunha intriga e misterio que medran páxina a páxina a partir de pequenos detalles, que non serán esquecidos no desenvolvemento final.

Dende o meu punto de vista, esta novela vén a certificar a madurez da que, hoxe en día, pode facer gala a literatura galega cun libro que quizais non estea destinado a un amplo público debido a complicada estada da personalidade do narrador protagonista, mais esa primeira persoa é fundamental tanto na historia como no discurso e sen ela a novela quedaría despersonaliza. O lector tamén poderá desfrutar das numerosas referencias ao cine, a mitoloxía ou a mesma literatura, e descubrir outras obras de arte,  se todavía non as coñece, coas que pasar unha  chuviosa tarde galega.

Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis